Buscar
  • onavallo

MOSTRA. EXPOSICIÓN. EXHIBITION: Posesións para un Esquecimento.


Daniel Díaz fotografado por Ramón Loureiro

A Exposición de Fotografía "Posesións para un esquecimento" percorreu xa as cidades de Lugo, Braga, Ourense e está agora no Ferrol. En cada caso a montaxe adaptouse ao espazo expositivo dando lugar a catro propostas moi parecidas pero distintas. Pregúntome se eses cambios afectan só á claridade da mensaxe ou tamén ao propio concepto do traballo. Empecemos polo principio: en que consiste comprender unha fotografía?. Pode acontecer que entenda o sentido de tal ou cual imaxe porque coñezo o espazo onde foi tomada. En caso de non ver o lugar con anterioridade polo menos podería dicir que recoñezo o que vexo como unha árbore, unha casa,…«en ambos os dous casos, a miña comprensión da imaxe consiste en remitirme a unha imaxe anterior, da "memoria" do "pasado". Polo tanto, se podo atribuír sentido ao que vexo é porque o insiro nunha historia –a miña­– e relaciónoa con outras imaxes anteriores en virtude das cales devén significante» (José Luis Pardo; Sobre los espacios pintar, escribir, pensar. Barcelona: Ediciones del Serbal, 1991, p.3) Se en vez de presentar unha imaxe se mostran varias pode acontecer que as vexamos como pertencentes a un tema pero conservando un significado por si mesmas ou, pola contra, supeditadas a un sentido determinado por unha secuencia, unha orde. Cando é así, as imaxes perden o seu valor singular para adquirir un relativo ao lugar que ocupan na serie. Nesta exposición organizo as imaxes en catro capítulos e só un deles, o das Torres do Arneiro, constitúe unha «narración» ou «historia» no sentido mencionado. O fío argumental é a propia existencia, caída, posterior espolio e total desaparición das torres. Nas outras series, as historias son por completo responsabilidade do espectador. Os textos que as acompañan non son as «historias» que pretenden ilustrar.

«Rexeito totalmente as historias, pois para min xeran unicamente mentiras, nada máis que mentiras, e a mentira máis grande consiste en que producen un nexo onde non existe nexo ningún. Empero, por outra parte, necesitamos desas mentiras, ao extremo de que carece de sentido organizar unha serie de imaxes sen mentira, sen a mentira dunha historia. As historias son imposibles, pero sen elas non nos sería en absoluto posible vivir» (Wim Wenders, “El estado de las cosas”, trad. Cast. Medios revueltos)

Chegados a este punto, de que xeito pode influír o deseño da exposición na súa cabal comprensión?. Pensemos nos tres tipos máis habituais de visitantes: «O que desexa ter unha idea global do conxunto, o que se guía por impulsos visuais e realiza a súa visita discontinua, e o que segue a lóxica do guión. A disposición debería permitir as tres lecturas, e en todos os casos (inclusive para aqueles que prefiren visitar a exposición en "desorde") deben quedar claros os puntos de iniciación e finalización da exposición.» (ROCA, José Ignacio. Proceso de concepción y realización de un proyecto Museográfico. S.f.)

Pensemos tamén na profundidade da lectura: «Toda exposición debe permitir polo menos tres lecturas: para especialistas, para o público xeral e para o público infantil.» (ROCA, José Ignacio. Proceso de concepción y realización de un proyecto Museográfico. S.f.) Para conseguir este obxectivo teremos que adaptarnos a unhas características físicas do espazo asignado que non poderemos variar: a luz, natural ou artificial ou ambas as dúas, tamaño e distribución dos espazos, cor e material das paredes, etc. Pero en contrapartida programaremos o deseño dun percorrido, a circulación, os sistemas de montaxe, material de apoio, etc. dirixidos a crear un espazo, «onde o valor da imaxe, o apoio da autenticidade do obxecto e o testemuño indiscutible do documento, establecen unha comunicación directa e orixinal co produto do home.» (MOLAJOLI, Bruno. El proceso formativo y evolutivo del museo: su función en el contexto socio-ambiental. En: Museología y patrimonio cultural: críticas y perspectivas. UNESCO, 1980, p.115)

De acordo con isto, podemos mellorar a «comunicación» con este breve texto de apoio que introduce dunha forma xeral o tema: Este proxecto pódese ver como unha viaxe subxectiva ao microcosmos persoal e cotián do autor que fisicamente se corresponde cun pequeno espazo da Terra cha Lucense nos Concellos de Cospeito e Castro de Rei, entre as parroquias de Moncelos ao norte e Mondrid ao sur tendo como eixe vertical a estrada comarcal LU-113. Fotografías directas en branco e negro conviven con fotomontaxes panorámicas que, cos textos, establecen unha distancia, poñen en dúbida a linguaxe, a coherencia e a referencia á realidade. Novos significados que requiren unha lectura máis elástica e rica da experiencia visual. O Campo, era orixinalmente unha base militar, primeiro e único aeroporto de Galicia mentres se constrúe Lavacolla. A Colonización, foi un investimento ambicioso na Terra Cha para modernizar a agricultura e fixar poboación que tivo lugar a mediados do século XX. A día de hoxe a súa valoración segue xerando tantas controversias como ao seu inicio. As Torres do Arneiro, antecedentes directas do actual GPS, activadas na 2ª Guerra Mundial, xogaron un papel fundamental na navegación militar, aérea e marítima alemá. Sen atención institucional acabaron sucumbindo á desidia e os temporais. O Manicomio, foi o segundo en tamaño de Galicia. Moitos anos un lugar illado e vixiado onde se escondía ás persoas e ás súas enfermidades da sociedade.

Se alguén quere unha información máis específica sobre estes aspectos pódese consultar o libro-catálogo ou esta mesma páxina. Pero tamén hai outra información relevante que podemos incluír e chamar Ficha Técnica. Autor: Daniel Díaz Trigo, Lugo 1971 Data de elaboración: Entre 2005 e 2013 Técnica: Cámaras tradicionais: Contax T2 cun 38 mm 1:2,8 e Nikon F-801con óptica 50 mm. 1:1,8. Película Kodak Tri-x 400 e T-MAX 100 e 400 ASA dixitalizadas en Nikon Coolscan IV. Copias: Impresión por pigmentos químicos en papel Hahnemühle.

Cada nova montaxe faime ver o traballo de forma máis profunda, permíteme conversar con amigos que me sinalan aspectos novos e suxiren lecturas máis ricas das que eu xamais podería imaxinar. En Ferrol aprendín con Ramón Loureiro e Xabier Varela mentres recordaba a miña etapa de estudante de Enxeñaría Técnica Naval que, debo dicir, foi cando me interesei por primeira vez pola fotografía. Por suposto esa é outra «historia». Lugo, nos primeiros días de 2015.

La Exposición de Fotografía “Posesións para un esquecimento” ha recorrido ya las ciudades de Lugo, Braga, Ourense y está ahora Ferrol. En cada caso el montaje se ha adaptado al espacio expositivo dando lugar a cuatro propuestas muy parecidas pero distintas. Me pregunto si esos cambios afectan sólo a la claridad del mensaje o también al propio concepto del trabajo.

Empecemos por el principio: ¿en qué consiste comprender una fotografía?.

Puede ocurrir que entienda el sentido de tal o cual imagen porque conozco el espacio donde ha sido tomada. En caso de no haber visto el lugar con anterioridad al menos podría decir que reconozco lo que veo como un árbol, una casa,…«en ambos casos, mi comprensión de la imagen consiste en remitirme a una imagen anterior, de la “memoria” del “pasado”. Por tanto, si puedo atribuir sentido a lo que veo es porque lo inserto en una historia –la mía­– y lo relaciono con otras imágenes anteriores en virtud de las cuales deviene significante» (José Luis Pardo; Sobre los espacios pintar, escribir, pensar. Barcelona: Ediciones del Serbal, 1991, p.3)

Si en vez de presentar una imagen se muestran varias puede ocurrir que las veamos como pertenecientes a un tema pero conservando un significado por sí mismas o, por el contrario, supeditadas a un sentido determinado por una secuencia, un orden. Cuando es así, las imágenes pierden su valor singular para adquirir uno relativo al lugar que ocupan en la serie. En esta exposición organizo las imágenes en cuatro capítulos y sólo uno de ellos, el de las Torres do Arneiro, constituye una «narración» o «historia» en el sentido mencionado. El hilo argumental es la propia existencia, caída, posterior expolio y total desaparición de las torres. En las otras series, las historias son por completo responsabilidad del espectador. Los textos que las acompañan no son las «historias» que pretenden ilustrar.

«Rechazo totalmente las historias, pues para mí engendran únicamente mentiras, nada más que mentiras, y la mentira más grande consiste en que producen un nexo donde no existe nexo alguno. Empero, por otra parte, necesitamos de esas mentiras, al extremo de que carece de sentido organizar una serie de imágenes sin mentira, sin la mentira de una historia. Las historias son imposibles, pero sin ellas no nos sería en absoluto posible vivir» (Wim Wenders, “El estado de las cosas”, trad. Cast. Medios revueltos)

Llegados a este punto, ¿de qué manera puede influir el diseño de la exposición en su cabal comprensión?.

Pensemos en los tres tipos más habituales de visitantes: « El que desea tener una idea global del conjunto, el que se guía por impulsos visuales y realiza su visita discontinua, y el que sigue la lógica del guión. La disposición debería permitir las tres lecturas, y en todos los casos (inclusive para aquellos que prefieren visitar la exposición en “desorden”) deben quedar claros los puntos de iniciación y finalización de la exposición.» (ROCA, José Ignacio. Proceso de concepción y realización de un proyecto Museográfico. S.f.)

Pensemos también en la profundidad de la lectura: «Toda exposición debe permitir al menos tres lecturas: para especialistas, para el público general y para el público infantil.» (ROCA, José Ignacio. Proceso de concepción y realización de un proyecto Museográfico. S.f.)

Para conseguir este objetivo tendremos que adaptarnos a unas características físicas del espacio asignado que no podremos variar: la luz, natural o artificial o ambas, tamaño y distribución de los espacios, color y material de las paredes, etc. Pero en contrapartida programaremos el diseño de un recorrido, la circulación, los sistemas de montaje, material de apoyo, etc. dirigidos a crear un espacio, «donde el valor de la imagen, el apoyo de la autenticidad del objeto y el testimonio indiscutible del documento, establecen una comunicación directa y original con el producto del hombre”.» (MOLAJOLI, Bruno. El proceso formativo y evolutivo del museo: su función en el contexto socio-ambiental. En: Museología y patrimonio cultural: críticas y perspectivas. UNESCO, 1980, p.115)

De acuerdo con esto, podemos mejorar la «comunicación» con este breve texto de apoyo que introduce de una forma general el tema:

Este proyecto se puede ver como un viaje subjetivo al microcosmos personal y cotidiano del autor que físicamente se corresponde con un pequeño espacio de la Terra cha Lucense en los Municipios de Cospeito y Castro de Rei, entre las parroquias de Moncelos al norte y Mondrid al sur teniendo como eje vertical la carretera comarcal LU-113.

Fotografías directas en blanco y negro conviven con fotomontajes panorámicos que, con los textos, establecen una distancia, ponen en duda el lenguaje, la coherencia y la referencia a la realidad. Nuevos significados que requieren una lectura más elástica y rica de la experiencia visual.

O Campo, era originalmente una base militar, primer y único aeropuerto de Galicia mientras se construye Lavacolla.

A Colonización, inversión ambiciosa en la Terra Cha para modernizar la agricultura y fijar población que tuvo lugar a mediados del siglo XX. A día de hoy su valoración sigue generando tantas controversias como a su inicio.

As Torres do Arneiro, antecedentes directas del actual GPS, activadas en la 2ª Guerra Mundial, jugaron un papel fundamental en la navegación militar, aérea y marítima alemana. Sin atención institucional acabaron sucumbiendo a la desidia y los temporales.

El Manicomio, fue el segundo en tamaño de Galicia. Muchos años un lugar aislado y vigilado donde se escondía a las personas y a sus enfermedades de la sociedad.

Si alguien quiere una información más específica sobre estos aspectos se puede consultar el libro-catálogo o esta misma página. Pero también hay otra información relevante que podemos incluir y llamar Ficha Técnica.

Autor: Daniel Díaz Trigo, Lugo 1971

Fecha de elaboración: Entre 2005 y 2013

Técnica: Cámaras tradicionales: Contax T2 con un 38mm 1:2,8 y Nikon F-801con óptica 50mm. 1:1,8. Película Kodak Tri-x 400 y T-MAX 100 y 400 ASA digitalizadas en Nikon Coolscan IV.

Copias: Impresión por pigmentos químicos en papel Hahnemühle.

Cada nuevo montaje me hace ver el trabajo de forma más profunda, me permite conversar con amigos que me señalan aspectos nuevos y sugieren lecturas más ricas de las que yo jamás podría imaginar. En Ferrol he aprendido con Ramón Loureiro y Xabier Varela mientras recordaba mi etapa de estudiante de Ingeniería Técnica Naval que, debo decir, fue cuando me interesé por primera vez por la fotografía. Por supuesto esa es otra «historia».

Lugo, en los primeros días de 2015.


28 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

© 2014  Daniel Díaz Trigo. 
 

  • Twitter Clean
  • Flickr Clean