top of page
Buscar
  • Foto del escritoronavallo

Fin da itinerancia por Galicia


Lugo, 28 de noviembre de 2013. Foto: Pablo Díaz Trigo

Este mes finalizou en Vigo a itinerancia por Galicia da exposición "Posesións para un esquecimento" e iso, inevitablemente, recórdame a súa inauguración en Lugo o 28 de novembro de 2013. É hora dun balance rápido: En primeiro lugar explicar que hai un antes e un despois dun recoñecemento destas características. Debo recordar que como autor non recibín, nin en concepto de axudas ou premio, un só euro en metálico. Si, en cambio, a produción dunha exposición que se puido visitar nalgunhas das mellores salas das catro provincias de Galicia e a publicación dun catálogo dende a editorial Difusora. Grazas a estes dous elementos e a súa promoción tiven unha visibilidade impensable nos medios de comunicación máis importantes da nosa comunidade así como na rede. Todo o cal avalou o meu traballo e me animou a continuar investigando na mesma dirección. Por outra parte, produciuse un crecemento como autor derivado da responsabilidade de levar a cabo, ata as últimas consecuencias, un proxecto artístico. Coñecer o porqué de cada elemento, de cada decisión, a obriga de reflexionar dun xeito máis profundo sobre o traballo para entendelo e explicalo mellor. Aprender a compartir o que era "o meu xardín privado" como o chamou en certa ocasión Bernard Plossu, respondendo a preguntas como, por exemplo, a do meu pai na inauguración:

- Cando fixeches esta foto?. Non recordo ese día...

Dende ese momento non parei de pensar sobre isto: Cando e onde fixen as fotos?. Volvín responder a esta pregunta na rolda de prensa na sala da Afundación en Vigo:

Ao principio tan só tomaba fotos que non entendía de todo pero me atraían enormemente. Esta curiosidade levoume a preguntar, a ler, a investigar a volver unha e outra vez a eses lugares. Pero non era capaz de construír un proxecto, necesitaba máis imaxes que non podía fotografar e comecei a debuxar na casa para entender. Durante anos intentei encontrarlle un sentido a todo, posuír ese espazo e ese tempo que tamén eran meus. Coa motivación para presentarme ao I Premio de Fotografía Contemporánea deseñei unhas imaxes panorámicas, un espazo único no que reunía fotografías dende puntos de vista distintos, de momentos separados por anos para tratar de mostralo todo... sen saber que xa o fixera o Greco* a principios de 1600. Pero non me abondaba, para contar mellor o paso do tempo tiven que escribir. Estes textos non son un pé de foto ou unha explicación, son parte das imaxes como no cine: planos tomados en tempos e espazos distintos montados nun mesmo soporte acompañados da palabra. Por iso o meu pai estaba confuso: cría que estaba a mirar unha fotografía pero en realidade era un cadro xusto antes de converterse nunha película.

A Dionisio Trigo Vilar in memorian. Abril de 2015

*

______

"Ao igual que Toledo coa ponte de Alcántara, esta Vista e plano de Toledo é unha construción. Dende ningún lugar poden abranguer os ollos así a cidade. Como o outro, este cadro é un retrato topográfico de Toledo. (...) Dende o lugar onde se observa a cidade no cadro (...), non se poden ver, en realidade, nin o Alcázar nin a torre da catedral, porque en perspectiva desaparecen un e outro tras as casas máis próximas, así como a maior parte da cidade. Só un pintor bizantino, formado para non ter en conta a ilusión, podía ter a idea de pintar un cadro así. (....) Abaixo á dereita, un mozo suxeita unha gran folla de papel onde hai debuxado un plano da cidade. (...). Na folla de papel que o xoven paxe mostra ao espectador (...), o Greco fixo escribir ao seu fillo Manuel dúas explicacións, ou máis ben dúas escusas polas liberdades que tomou. (...) A quen se dirixe o Greco cando pon esta inscrición no seu cadro? Non a un afeccionado á arte, senón a toda persoa que queira informarse exactamente sobre a topografía de Toledo. " Jens-Ferdinand Willumsen, citado en "O Greco, cineasta" de S. M. Eisenstein, primeira edición en castelán, maio de 2014.

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Este mes ha finalizado en Vigo la itinerancia por Galicia de la exposición “Posesións para un esquecimento” y eso, inevitablemente, me recuerda su inauguración en Lugo el 28 de noviembre de 2013. Es hora de un balance rápido:

En primer lugar explicar que hay un antes y un después de un reconocimiento de estas características. Debo recordar que como autor no he recibido, ni en concepto de dietas o premio, un solo euro en metálico. Sí, en cambio, la producción de una exposición que se pudo visitar en algunas de las mejores salas de las cuatro provincias de Galicia y la publicación de un catálogo desde la editorial Difusora. Gracias a estos dos elementos y su promoción he tenido una visibilidad impensable en los medios de comunicación más importantes de nuestra comunidad así como en la red. Todo lo cual ha respaldado mi trabajo y me ha animado ha continuar investigando en la misma dirección.

Por otra parte, se ha producido un crecimiento como autor derivado de la responsabilidad de llevar a cabo, hasta las últimas consecuencias, un proyecto artístico. Conocer el porqué de cada elemento, de cada decisión, la obligación de reflexionar de una manera más profunda sobre el trabajo para entenderlo y explicarlo mejor. Aprender a compartir lo que era “mi jardín privado” como lo llamó en cierta ocasión Bernard Plossu, respondiendo a preguntas como, por ejemplo, la de mi padre en la inauguración:

– ¿Cuándo has hecho esta foto?. No recuerdo ese día...

Desde ese momento no he parado de pensar sobre esto: ¿Cuándo y dónde he hecho las fotos?. He vuelto a responder a esta pregunta en la rueda de prensa en la sala de Afundación en Vigo:

Al principio tan sólo tomaba fotos que no entendía del todo pero me atraían enormemente. Esta curiosidad me llevó a preguntar, a leer, a investigar a volver una y otra vez a esos lugares. Pero no era capaz de construir un proyecto, necesitaba más imágenes que no podía fotografiar y comencé a dibujar en casa para entender. Durante años intenté encontrarle un sentido a todo, poseer ese espacio y ese tiempo que también eran míos. Con la motivación para presentarme al I Premio de Fotografía Contemporánea diseñé unas imágenes panorámicas, un espacio único en el que reunía fotografías desde puntos de vista distintos, de momentos separados por años para tratar de mostrarlo todo... sin saber que ya lo había hecho el Greco* a principios de 1600.

Pero no me bastaba, para contar mejor el paso del tiempo tuve que escribir. Estos textos no son un pie de foto o una explicación, son parte de las imágenes como en el cine: planos tomados en tiempos y espacios distintos montados en un mismo soporte acompañados de la palabra. Por eso mi padre estaba confuso: creía que estaba mirando una fotografía pero en realidad era un cuadro justo antes de convertirse en una película.

A Dionisio Trigo Vilar in memorian. Abril de 2015.

*

______

“Al igual que Toledo con el puente de Alcántara, esta Vista y plano de Toledo es una construcción. Desde ningún lugar pueden los ojos abarcar así la ciudad. Como el otro, este cuadro es un retrato topográfico de Toledo. (...) Desde el lugar donde se observa la ciudad en el cuadro, (...), no se pueden ver, en realidad, ni el Alcázar ni la torre de la catedral, porque en perspectiva desaparecen uno y otro tras las casas más cercanas, así como la mayor parte de la ciudad. Sólo un pintor bizantino, formado para no tener en cuenta la ilusión, podía tener la idea de pintar un cuadro así.

(....)

Abajo a la derecha, un joven sujeta una gran hoja de papel donde hay dibujado un plano de la ciudad. (...). En la hoja de papel que el joven paje muestra al espectador (...), el Greco ha hecho escribir a su hijo Manuel dos explicaciones, o más bien dos excusas por las libertades que se ha tomado. (...)

¿A quién se dirige el Greco cuando pone esta inscripción en su cuadro? No a un aficionado al arte, sino a toda persona que quiera informarse exactamente sobre la topografía de Toledo.”

Jens-Ferdinand Willumsen, citado en “El Greco, cineasta” de S. M. Eisenstein, primera edición en castellano, mayo de 2014.

61 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Meus

bottom of page