top of page
Buscar
  • Foto del escritoronavallo

Dibujando fotografías


Un fotógrafo amigo me ha cambiado una de sus fotos por un dibujo, ha salido perdiendo. Desde ese momento no he dejado de dibujar.

Suelo comprar libretas y blocks de dibujo que acumulo a modo de diarios llenos de bocetos y apuntes esperando una revisión que parece no llegar nunca.

No consigo decidirme por una cámara réflex digital porque apenas hago fotos, prefiero rebuscar en mi archivo desordenado.

Los dibujos los digitalizo con mi teléfono móvil y uso una cámara compacta para hacer pequeños vídeos.

Siempre he pensado en la fotografía, el dibujo o la pintura como si fuesen lenguajes diferentes. Este verano he dibujado como si fotografiase. Escogiendo los mismos escenarios me situaba en ellos con mi papel, lápiz, goma, sacapuntas y todas las convenciones de la visión objetiva* perfeccionadas en la facultad como alumno de Bellas Artes. La imagen final no sé si es un dibujo, pintura o fotografía pero pretendía ser descriptiva, representar sin apenas reflexión.

No es posible. Dibujar, pintar, fotografiar es descubrir a tu pesar, es resolver conflictos, pensar y aprender lo que uno no sabe que sabe. El proceso de escribir no es como el de hablar ni el de dibujar es como fotografiar aunque conceptualmente pertenezcan al mismo paradigma y los resultados se puedan confundir.

Al mismo tiempo he registrado con mi cámara compacta algunos de estos procesos a modo de fotografía animada y lo he editado en vídeos de un minuto que os muestro a continuación:

Me he planteado este ejercicio con dos intenciones básicas:

  • Cuestionar las diferencias aparentes entre pintura / fotografía:

hacer/tomar

construir/obtener

humano/mecánico

síntesis/selección

expresión/realismo

representación/presentación

  • “Hacer mano”, ganar soltura, experimentar con los materiales y su comportamiento, buscando mi lenguaje para así, lo antes posible, compensar a mi amigo fotógrafo con un buen dibujo.

En Reximil na Terra cha, agosto de 2015

* "La representación lograda a partir del carácter mimético y del esquema óptico-retinal constituye, en definitiva, un modelo de comunicación visual: la imagen deberá ser la traducción más o menos exacta de una situación previa que ha existido en la realidad. El ojo se considera un mediador neutro entre los polos de la dualidad realidad/mente, y lo representado, como producto puro de tal relación. El éxito de la representación depende, pues, del “ocultamiento” de la experiencia de una visión construida e independiente de la realidad. Al entenderse como el producto de la relación fisiológica entre un ojo neutro y una realidad inmutable, la producción y recepción de imágenes se volverá ajena a la dimensión histórica. En consecuencia, las variaciones en la línea dominante de producción de imágenes de la Visión Objetiva a lo largo del tiempo se entenderán como una simple mejoría técnica o como una mayor destreza de la traducción de la realidad."

Laura González Flores. Fotografía y pintura: ¿dos medios diferentes?.Gustavo Gili, 2005

Debuxando fotografías

Un fotógrafo amigo cambioume unha das súas fotos por un debuxo, saíu perdendo. Dende ese momento non deixei de debuxar.

Adoito comprar libretas e blocks de debuxo que acumulo a xeito de diarios cheos de bosquexos e apuntes esperando unha revisión que parece non chegar nunca.

Non consigo decidirme por unha cámara réflex dixital porque apenas fago fotos, prefiro rebuscar no meu arquivo desordenado.

Os debuxos dixitalízoos co meu teléfono móbil e uso unha cámara compacta para facer pequenos vídeos.

Sempre pensei na fotografía, o debuxo ou a pintura coma se fosen linguaxes diferentes. Este verán debuxei coma se fotografase. Escollendo os mesmos escenarios situábame neles co meu papel, lapis, goma, afialapis e todas as convencións da visión obxectiva* perfeccionadas na facultade como alumno de Belas Artes. A imaxe final non sei se é un debuxo, pintura ou fotografía pero pretendía ser descritiva, representar sen apenas reflexión.

Non é posible. Debuxar, pintar, fotografar é descubrir ao teu pesar, é resolver conflitos, pensar e aprender o que un non sabe que sabe. O proceso de escribir non é como o de falar nin o de debuxar é como fotografar aínda que conceptualmente pertenzan ao mesmo paradigma e os resultados póidanse confundir.

Ao mesmo tempo rexistrei coa miña cámara compacta algúns destes procesos a xeito de fotografía animada e editeino en vídeos dun minuto que vos mostro a continuación:

(Picar nas imaxes)

Formuleime este exercicio con tres intencións básicas:

  • Cuestionar as diferenzas aparentes entre pintura / fotografía:

facer/tomar construír/obter humano/mecánico síntese/selección expresión/realismo representación/presentación

  • "Facer man", gañar soltura, experimentar cos materiais e o seu comportamento, buscando a miña linguaxe para así, o antes posible, compensar o meu amigo fotógrafo cun bo debuxo.

En Reximil na Terra cha, agosto de 2015.

* "A representación lograda a partir do carácter mimético e do esquema óptico-retinal constitúe, en definitiva, un modelo de comunicación visual: a imaxe deberá ser a tradución máis ou menos exacta dunha situación previa que existiu na realidade. O ollo considérase un mediador neutro entre os polos da dualidade realidade/mente, e o representado, como produto puro de tal relación. O éxito da representación depende, pois, do "ocultamento" da experiencia dunha visión construída e independente da realidade. Ao entenderse como o produto da relación fisiolóxica entre un ollo neutro e unha realidade inmutable, a produción e recepción de imaxes volverase allea á dimensión histórica. En consecuencia, as variacións na liña dominante de produción de imaxes da Visión Obxectiva ao longo do tempo entenderanse como unha simple melloría técnica ou como unha maior destreza da tradución da realidade. " Laura González Flores. Fotografía e pintura: dous medios diferentes?.Gustavo Gili, 2005


10 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Meus

bottom of page