- Daniel Díaz Trigo
Artistas e profesores

Quem lê deixa de viver
Fazei agora por que o façais.
Deixa de viver, e lede.
O que é a vida?
Quen le deixa de vivir.
Facede agora por facelo.
Deixade de vivir, e lede.
Que é a vida?
Quien lee deja de vivir.
Haced ahora por hacerlo.
Dejad de vivir, y leed.
¿Qué es la vida?
Fernando Pessoa.
Os que se dedican ao oficio de artista fano desde un espazo de tensión entre a vida e a súa obra. Son mundos excluíntes, contradictorios e o resultado é sempre un drama. Falo dos artistas que tratan de reconstruír a vida desde fóra de si mesmos, desde a súa ausencia no día a día. Ver e mirar no canto de facer, escribir en lugar de vivir, ou mellor: escribir, debuxar coma se vivísemos. ”A nosa obra é como unha estatua que derribamos sobre nós mesmos e esmáganos? “ *
O éxito desta forma de vida obtense a través de obxectos chamados obras de arte que alcanzan determinadas cotas de interese en forma de mérito ou ata de triunfo social e cotización si encaixan no mercado da arte.
Hai un tipo especial de artistas que refán o mundo, redebúxano e repíntano cada día pero teñen un escaso prestixio e moito menos gratificación inmediata polas súas obras. Eles tamén viven nun paréntesis da vida que son as aulas, son os profesores/as e os mestres/as: “A súa función é a máis importante de todas: crear cerebros orixinais.” **
En moitos casos o seu traballo nunca será valorado e no seu desempeño exitoso non aparece ningunha recompensa económica ou de recoñecemento social. Cando recordamos algún mestre/a, profesor/a importante na nosa vida resúltanos moi difícil concretar que nos ensinou exactamente pero vive en nós algo do seu entusiasmo, da súa autenticidade e da súa xenerosidade.
Gústame pensar que me dedico ao mellor oficio posible: Aprender cando ensino. Así, debúxome cada día nos meus cadernos e sigo vivo no encerado da túa aula.
Adicado a Amira Reina, instructora de esquí , que inspirou esta reflexión.
Lugo, marzo de 2016
__________________
* Theo Angelopoulos
** Santiago Petschen Verdaguer
Los que se dedican al oficio de artista lo hacen desde un espacio de tensión entre la vida y su obra. Son mundos excluyentes, contradictorios y el resultado es siempre un drama. Hablo de los artistas que tratan de reconstruir la vida desde fuera de sí mismos, desde su ausencia en el día a día. Ver y mirar en vez de hacer, escribir en lugar de vivir, o mejor: escribir, dibujar como si viviésemos. “Nuestra obra es como una estatua que derribamos sobre nosotros mismos y nos aplasta” *
El éxito de esta forma de vida se obtiene a través de objetos llamados obras de arte que alcanzan determinadas cotas de interés en forma de mérito o incluso de triunfo social y cotización si encajan en el mercado del arte.
Hay un tipo especial de artistas que rehacen el mundo, lo redibujan y lo repintan cada día pero tienen un escaso prestigio y mucho menos gratificación inmediata por sus obras. Ellos también viven en un paréntesis de la vida que son las aulas, son los profesores/as y los maestros/as: “Su función es la más importante de todas: crear cerebros originales.**
En muchos casos su trabajo nunca será valorado y en su desempeño exitoso no aparece ninguna recompensa económica o de reconocimiento social. Cuando recordamos algún maestro/a, profesor/a que haya sido importante en nuestra vida nos resulta muy difícil concretar que nos enseñó exactamente pero vive en nosotros algo de su entusiasmo, su autenticidad y su generosidad.
Me gusta pensar que me dedico al mejor oficio posible: Aprender cuando enseño. Así me dibujo cada día en mis cuadernos y sigo vivo en el encerado de tu aula.
Dedicado a Amira Reina, instructora de esquí, que inspiró esta reflexión.
Lugo, marzo de 2016
__________________
* Theo Angelopoulos
** Santiago Petschen Verdaguer