Buscar
  • onavallo

Meus


La mirada, los ojos es lo que encierra todos los otros sentidos. Es lo que los reúne en torno al ser.

Miguel Ángel Curiel

Por que unha foto? Bastaba o programa de televisión?. Creo que é unha forma de devolver aos protagonistas algo do que nos deron ao compartir os seus “Meus”, tan iguais e tan distintos a nós.

Os fotógrafos, cada un ao seu xeito, buscan ese obxecto que encerre todas as emocións nun marco de madeira. Un espazo silencioso, como un agasallo, para desenvolver coa mirada e viaxar coa memoria.

Carmiña tensa aínda nas súas mans os fíos que manteñen unida a súa familia dende San Martiño e, coma nós, sinte a fraxilidade e a importancia deses vínculos.

Serxio, arroupado dende a súa orixe, xa é consciente do seu camiño e dá súa paixón, sempre dende os seus prados de Rois.

Ánxela está en Gracián, no centro do seu universo, onde empezan cada un dous seus poemas de pan.

A Banda A Lira enche Ribadavia de acordes e cando remata a música o gris volve caer do ceo deixando todas as partituras desordenadas no chan. Por certo, gracias Martín sola túa foto dende o campanario.

Quero mostrar o meu agradecemento a todos os MEUS cos que tiven a fortuna de compartir esta aventura.

Foi unha experiencia inolvidable gracias tamén ao equipo da productora do programa, Miguel Piñeiro e Carmen Varela en particular.

A Lines de Guirnalda, asistente de excepción.

Sobre todo á niña familia porque en neste tempo tan feliz os MEUS xa "somos tres", ou máis...


155 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo