top of page
Buscar
  • Foto del escritoronavallo

A propósito das respostas


AFundación_2015.jpg

Obsesionado por contar, por entender ata onde chegan as miñas imaxes pregúntovos constantemente, mesmo cheguei a deseñar Unidades Didácticas para acompañar as visitas á exposición con alumnos de Primaria, Secundaria e estudantes de Fotografía. Así, sempre me encontro con dous tipos de respostas:

  • As que espero

  • As que non e me sorprenden porque:

  • achéganme algo novo

  • non entendo

Vexamos. As previstas que reafirman a miña proposta producen unha retroalimentación redundante. As inesperadas amplían os meus límites, permítenme afondar máis do que imaxinara. Mesmo as que non entendo, con humildade recoñézoo, porque aínda non estou preparado para aprecialas na súa xusta medida ou, prudentemente, debo estudalas para comprobar se están equivocadas. Aínda que toda esta preocupación é lexítima e necesaria, o elemento clave á hora de completar o feito artístico ou comunicativo radica no espectador, en Vostede, que leu ata aquí, ou Aquel/a, que non o considerou necesario:

"a idade, a cultura, as condicións persoais e, sobre todo, a situación histórica fan que o ámbito real de cada vida teña límites moi precisos e que difiren dunha a outra. Pois ben, a faena de entender é tamén distinta segundo a amplitude dese horzonte vital; non quero dicir que o home entenda máis ou menos cousas segundo sexa máis vasto ou angosto o seu horizonte, senón algo moito máis radical: o entender mesmo é de máis ou menos quilates, porque, ao intervir a vida na súa integridade na función intelectiva, a razón mesma, como instrumento aprehensor de realidade, é distinta. (...) Cando o horizonte da vida é vasto, a función de entender adquire novas calidades, porque cada realidade é aprehendida nas súas conexións cunha vida de enorme riqueza, saturada de ser, e a razón penetra en estratos moi profundos. " Julián Marías: "Introdución á Filosofía". Décima edición,1969 (p.235-236)

É curioso como estas lecturas recentes e as conversacións despois de visitar a exposición en AFundación da Coruña combínanse por azar para demostrarnos, unha vez máis, que case nada cambiou: seguimos discorrendo, autores e espectadores, como é posible dar un sentido á vida. P.D. Grazas Xulio pola conversación compartida paseando á beira do río.

___________

A propósito de la respuestas

Obsesionado por contar, por entender hasta dónde llegan mis imágenes os pregunto constantemente, incluso he llegado a diseñar Unidades Didácticas para acompañar las visitas a la exposición con alumnos de Primaria, Secundaria y estudiantes de Fotografía. Así, siempre me encuentro con dos tipos de respuestas:

  • Las que espero

  • Las que no y me sorprenden porque:

  • me aportan algo nuevo

  • no entiendo

Veamos. Las previstas que reafirman mi propuesta producen una retroalimentación redundante. Las inesperadas amplían mis límites, me permiten profundizar más de lo que había imaginado. Incluso las que no entiendo, con humildad lo reconozco, porque todavía no estoy preparado apreciarlas en su justa medida o, prudentemente, debo estudiarlas para comprobar si están equivocadas.

Aunque toda esta preocupación es legítima y necesaria, el elemento clave a la hora de completar el hecho artístico o comunicativo radica en el espectador, en Usted, que ha leído hasta aquí, o Aquel/lla, que no lo ha estimado necesario:

"la edad, la cultura, las condiciones personales y, sobre todo, la situación histórica hacen que el ámbito real de cada vida tenga límites muy precisos y que difieren de una a otra. Pues bien, la faena de entender es también distinta según la amplitud de ese horzonte vital; no quiero decir que el hombre entienda más o menos cosas según sea más vasto o angosto su horizonte, sino algo mucho más radical: el entender mismo es de más o menos quilates, porque, al intervenir la vida en su integridad en la función intelectiva, la razón misma, como instrumento aprehensor de realidad, es distinta. (...) Cuando el horizonte de la vida es vastísimo, la función de entender adquiere nuevas calidades, porque cada realidad es aprehendida en sus conexiones con una vida de enorme riqueza, saturada de ser, y la razón penetra en estratos muy profundos."

Julián Marías: "Introducción a la Filosofía". Décima edición,1969 (p.235-236)

Es curioso como estas lecturas recientes y las conversaciones después de visitar la exposición en AFundación de A Coruña se combinan por azar para demostrarnos, una vez más, que casi nada ha cambiado: seguimos discurriendo, autores y espectadores, como es posible dar un sentido a la vida.

P.D. Gracias Xulio por la conversación compartida paseando a orillas del río.

7 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Meus

bottom of page