top of page
Buscar
  • Foto del escritoronavallo

Encontros da Imagêm: HOPE & FAITH. Braga, Portugal 2014


Apenas fai un mes que tiven a oportunidade de asisitir os Encontros da Imagêm de Braga no seu XXIV Festival anual de Fotografía. Foi todo un éxito. Segundo unha teoría que estivemos a desenvolver co matemático Marcelino Sampayo pódese explicar deste xeito:

O éxito percibido (Ex) dunha viaxe (V) é directamente proporcional as expectativas previas (Ep).

Ep > V => Ex

Ep < V => -Ex

Como Corolario temos que cando as expectativas coinciden coa experiencia da viaxe o suxeito percibirá un éxito o un fracaso en función da súa capacidade para ver a botella medio chea ou medio vacía.

Ep = V => Ex [:-)

Ep = V => -Ex [:-(

A excepción a esta teoría é cando Vdt= viaxe diario ó traballo.

Ep = Vdt=> Ex= 0* [:-|

* A súa vez hai unha excepción a excepción que é un caso persoal que que xa expliquei en commuter.

tibaes.jpg

Nunca tiña asistido a un festival de estas características e moito menos presentando a exposición «Posesións para un esquecimento». O tema desta edición é «Fe e Esperanza». Espiritualidade que se extende a través dun gran número de exposicións que teñen como epicentro a cidade de Braga e abranguen Lisboa, Porto e Guimaraês. Outras actividades engadidas para a promoción e difusión da fotografía son as proxeccións abertas ao público, Hope Night Projection, propostas a través da rede, Where is my mind?, talleres con fotógrafos e contenedores industriais instalados nas dúas prazas máis importantes de Braga para aproximar aínda máis ó público a fotografía e a arte contemporánea. Un mercado de libros de fotografía autoeditados e a impresionante Gala de entrega da 5ª edición do concurso «International Photography Award Emergentes dst» completan esta edición. En definitiva, unha cita obligada e un referente nos festivais da fotografía contemporánea.

Pero ademáis hai un dato obxectivo que debemos suliñar: A organización foi brillante, cercana e por calquera parte que se mirase este Festival estaba cheo de ilusión. Os meus parabéns para o equipo cordinado por Ângela Ferreira.

A un nivel máis persoal, gustaríame comentar en próximas entradas o traballo de varios artistas. Lonxe de erixirme coma un crítico espontáneo e moito menos coa intención de comentar a calidade das obras sí quero compartir unhas reflexións sobre determinadas propostas que están moi próximas ás miñas posicións actuais e a deriva dos meus proxectos e que poden ser punto de partida para futuros debates.

Lugo, novembro de 2014

P.D.

E se algún se pregunta se dixen o que tiña pensado na inauguración da miña exposición direi que non, que estaba moi feliz e sobrábanme as palabras.


5 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Meus

bottom of page